: |

O QUE TODO O QUERE, TODO O PERDE

0 comments
O QUE TODO O QUERE, TODO O PERDE

Era aquel tempo, no que as romarías facianse poli día no que as familias xantaban no cmpo extendendo no mesmo uns manteliños brancos. Estos xantares eran amenizados por uns cegos que, xeralmente eran acompañados por un neno ou unha muller, recorrendo tódolos grupos pra cantarlle copras. O remate tocaba unha muñeira e despóis pasaban a pandereta que facía de bandexa.

Nunha das parroquias do noso axuntamento, había un cego que tiña unha muller ben parescida e ademáis mui churrusqueira e inxeniosa pras copras. Esta parexa, facía ademaís case tódolos domingos un baile nunha palleira, á que concurría moita mocedade.

Con que aforrou o cego chegou a ter tres moedas, que coma antes non había caixas de aforros, gardabaas envolveitas nun trapo e metidas na parede da casa. Tódalas noites as apalpab, pro chegoú unha na que non as atopóu e o probe do cego case se volvéu tolo.

Despois de moito matinar pensóu consultalo cun abogado. O señor abogado examinóu o caso decíndolle: ostede siga indo a tocar ó mmesmo lugar, como se nad houbera pasado, e de vez en cando cante esta copra: Teño tres moediñas metidas nun burato, bou meter outra e fago catro. Ó que cantóu unas cantas veces mais, e voltóu pra  casa a apalpalas por se están no seu sitio as moedas.

O cego sigue o consello ó pé da letra, e ó ir pra casa e apalpalas na parede atopou o trapallo cas tres moedas envoltas no mesmo. Reloucando de regocixo volveu pra palleira, e cantando, coma nunca, escoitábanlle a seguinte copra: “O señor abogado qué ben o entende, o que todo o quere todo o perde”

 

Share Button

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies