PREGUNTA O SEÑOR VETERINARIO QUE E O QUE TES

O conto que vou contar hoxe é histórico, édin que pasou eiquí na misma vila da Estrada. Foi naqueles tempos nos que o que quería viaxar tiña que facelo no coche de cabalos ou a pé, xa que o automovel soio o poidían ter os que tiñan moitos cartos. Na realidade o viaxe facíase máis seguro que agora.
Eiquí na nosa Vila, había tamén quen tiña coches de cabalos para facer algunas linias a vilas veciñas, e dunha maneira especia a o San Yago. Estos coche de cabalos eran levados por unha persoa que recibía o nome de cocheiro.
Un día que estábamos falando no Casino uns cantos amigos, entre elees ún de profesión veterinario. O conserxe díxolle a éste que o chamaban uns señores á porta. Chegóuse a eles e ó pouco tempo entróu decindo:
-“Teño que ir ver un cabalo que está enfermo, ¿se queredes vir?”
Como non tiñamos que faguer, fomos todos, e ó chegar á cocheira metémonos co veterinario hastra a corte, onde estaba o dono, o cocheiro, éste con unha borracheira que non se podía mover, e o cabalo tumbado no toxo as catro patas.
O veterinario ollóu pro cabalo, apalpoulle a barriga, miróulle os ollos, abréulle a boca aínda mais do que a tiña, e hastra paesceume que lle triscóu unha orella. O probe cabalo non daba siñal de vida.
Despóis destras operacións o señor veterinario ollóu para todos e dirixíndose pro cocheiro perfuntóulle:
-“¿qué pasóu?, ¿Qué é o que ten o cabalo?”.
O cocheiro foiso apartando da parede, mal como poido foise achegando ó cabalo, púxose de
xionllos cerca da testa, con unha man colléulle unha orella e berrando canto poido dixo
-“Pregunta o señor veterinario que é o que tes…”