: |

leader

¡AI, QUE ME ESQUECIN!

1 comment
¡AI, QUE ME ESQUECIN!

Están pretiñas as festas de San Paio; este ano, asegún se di por ahí, vai haber moito que ollar. celebraremos que así sexa pra ben de tódolos estradenses da comarca e pra orgullo da Vila. Eu coido que a comisión nomenada non se lle vai a escapar ningún detalle, sonche todos persoas de moito maxín e ademáis saben faguer ben as cousa. Pro, por un se acaso, coulle contar unha anécdota que pasóu un ano no que, de seguro porque non atoparon outro, fun eu o presidente da comisión

Daquela vivía na Vila, e tiña unha farmacia, unha das personas de máis caletre de por eiquí; chamábase don Xosé Martínez Pereiro. Aquela botica era o centro da xuntanza das persoas máiscaracterizadas da Vila e tamén dos vraneantes e melitares. Entre os vraneantes figurava o notabre criminalista pontevedrés don Prudencio Landín Tobío, que co seu bo humor era o principal da peña.

Aquel ano pois, encargóue a este don Xose o boticario, por ser persoa que contaba alí con grandes amistades, que fose a San Yago pra contratar á Banda do Reximento de Zaragoza ca sua Banda de Cornetas e tambores.

E un día pola mañan reuníduse tódala peña pra ir despedir a don Xosé  ó coche das oito. Cada ún despedíuse da maeira quen lle pareceu máis axeitada, e hastra houbo quen lle dixo:

- “Non seia que te vaias olvidar da banda de cornetas e tambores.”

Polo menos, uns quince días antes, chovera sin trégola e aquel día apareceu cheo de sol. As cinco da serán xaestaba outra vez tódala comitiva agardando ó boticario. Chegóu o coche. todos se avalanzaron sobre él, que repartíu unha chea de apertas , e deseguida no medio de todos, e él falando pra todos, colleron o camiño da sua botica. Durante o traieutocontóu tódolo que fixera durante o día en San Yago. O primeiro, dixo, foi dar un paseo pola Ferradura, que era unha ledicia camiñas por alí con tan bo día; despóis encontrei con amigo fulano e fomos tomar uns mariscos á Carrileña con viño branco, estaban por certo moi bos; despóis fomos xantar a Casa das Chechas, déronnos un xantar de moito mimo, tomamos café e copa e seguimos parolando hastra que ven o mozo e dixo:

“Don Xosé se non ven, ó coche vaise sen vostede”.

Entón ún da tertulia, precisamente don Prudencio, interrumpéuno decíndolle:

-“Todo eso está moi ben, pro ¿da música e das bandas de cornetas e tambores que?”

Don Xosé paróuse, dou duas ou tres veces na testa, e ante a sorpresa de todos gritóu más ben que falóu:

-“¿Ai, que me esquecín!”

 

Share Button
class=""
-
  1. eche moi boa cousa que se garden estes contos e relatos, pois as novas xeracions coas novas tecnoloxías van descoñecer totalmente de onde veñen seos país…e eso sempre é una magoa

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

-