: |

leader

Engañacheme unha vez e non quero que me engañes outra

0 comments
Engañacheme unha vez e non quero que me engañes outra

Conoscín un home que sabía manexar moi ben o sabre. O saber manexar o sabre, quer decir neste conto, ter moita habilidade pra dar sabrazos, e ó home do noso conto, francamente, non lle faltaba.

 

Uns chamábanlle sabrista, outros plantapinos, outros pufento, en fin todos estos adxetivos que, como comprederedes, o calificaban de moi boa persona. ¡Bo!, o caso é  que este afamado sabrista presentóuselle un día na casa a un señor de eiquí do pobo, e contóulle un conto decíndolle que se atopaba nun apremo. ¡Bo!, esto ben pode non ser conto, porque apertado víase moitas veces.

O señor, que xa o conescía, preguntóulle:

-“¿ De cánto é o apreto?”-

Pois, respondeulle, dunhas cincocentas pesetas, e doulle a miña palabra de que antes de quince días devolvereillas. O señor meteu a man na bulsa, sacou cinco billetes de cen e entregóullos. O home doulle as gracias e foise.

 

Os quince días, según lle prometera, presentóuse de novo na casa do señor, e entregóulle moito que llas devolvera, pro colléunas e gardóunas.

 

O pouco tempo, o noso home volvéu pola casa do señor, decíndolle que se atopaba noutro apremo moi grande e que necesitaba tres mil pesetas, dándolle a palabra de devolverllas antes dun mes

 

O señor, sin esperar casi que rematase de falar contestóulle:

-“Eu no lle poido prestar esos cartos, porque vostede engañóume unha vez, e non quero que me engañe outra”-

-“Eu non o engañéi, eu pedinlle cincocentas pesetas e devolvinllas”-

-Si, é verdade, pro eu cando llas prestei penséi que non iba cobralas endexamáis, e por conseguinte vostede engañóume, e francamente non quero que me volva engañar”_

 

Share Button
class=""
-

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

-