Non me din conta, quedeime parvo

Onte, como todos sabedes, foi dia de feira na Vila, e alá pola tardiña chegaron á miña tenda uns xiareiros a mercar uns xéneros que ó remate non mos mercaron.
O caso foi, que así falando, contáronme que por alí non seu lugar, andiveran estos días unhas xitanas, que polo visto aínda sabían facer millor o conto que nós os comerciantes. Esto dixeron eles.
Chegaron á taberna, xa se entende, as xitanas, e deron en pedir moitas cousas de xantar. Sumada a conta, importaba trescentas pesetas, e unha delas doulle pra cobrar un billete de cincocentas pesetas, devolvéndolle o taberneiro duascentas pesetas. Antes de sair deron en berrar unhas con outras decindo que aquelo era moi car e que elas non querían o xénero. Entón a que dera o billetet, dirixíndose ó taberneiro disolle:
-“ceñó, ya ve uzté que estas no quieren la mercancía, téngala uzté y hágame el favó de devolverme el billete”-
O bo do taberneiro, por non discutir, colléu o xénero e doulle o billete. A xitana, colléuno e marcharon.
Pola noite xuntáronse na taberna os homes e falando contaron que andiveron por alí as xitanas e que roubaran galinas, roupa y non sei qué outras cousas. Entón o taberneiro dixo:
-“tamén estiveron eiquí -” e contoulle o que lle pasara. E cando o estaba contando, douse conta de que lle devolvera da compra duascentas pesetas, e despóis da trifulca entre elas, o billete das cincocentas pesetas, e esclamou:
-“¡Ai, estafáronme duascentas pesetas!”-
Os que estaban alí escachándose a rir mentras o taberneiro seguía dando puñadas na testa
Un dos homes perguntóulle:
-“Pro tí ¿cómo caiche na trampa?”-
-“Nom me din conta, volvéronme parvo”-