: |

leader

Tes que esperar o vrao

0 comments
Tes que esperar o vrao

Cada noite que me deito tarde como por exemplo onte, que fun ó circo, e ó outro día teño que levantarme cedo pra facer oc conto, sempre lembro aquel tempo que os canteiros da Somoza marchaban a traballar pra Negreira ou pra outro lugar. Viñan as nais, as mulleres e os fillos aconpañándoos hastra o coche, pra lles axudar a traer as cousas, e cando os despedían lles decían: Deus che dea traballiño.

A min tamén me pasa o mesmo, se me mandase facer oc contos, estou seguro que había de poñer o berro no ceo, pro como o busquei pola man, non teño máis remedio que calar.

Xa vos daredes conta que coido de entretervos un pouco porque o conto de hoxe non o conto de moi boa gana, porque ten relación cun tolo que decía sempre que tiña moitas ganas de traballar, pro que seus pais foran señoritos e xamáis traballaran, e deixáronlle encargado, antes de morrer, que se arregrase como poidera, pro que non rompese ca tradició de seus pais, que nunca deran golpe.

Ahí vai o conto: Na miña parroquia, cando eu era rapaz , había unha familia que, como deixo dito, non daba nin golpe, e se algo facía era na hora de xantar. Esta familia tiña un fillo que non era alá moito listso que digamos, e ó morrerlle os pais, encontrouse soio e sin cartos pra poder vivir. O bo do home entón matinóu en buscar muller pra casarse, pro quería que fose unha muller que tivese o suficente pra poder seguir vivindo sin traballar.

Na parroquia había un mozo que era moi ocurrente, o probe morreu xoven, e comprometéuse un día a buscarlle unha muller coma él quería. Xamáis fixera tal cousa, porque él comprometéuse de xoldra pro o tolo tomoulle en seria e non lle saía da casa. Todolos días íalle perguntar se lle encontrara muller.

Un día pra librarse del dísole:

-“Xa che encontréi muller, é moi boa pra tí, ten tódolos cartes que lle da a gana, é xoven, é boa moza e non ten familia; soio ten un inconveniente, que tódolos anos ó empece do vrau ponse mal da cachola, é decir, tolea, e estache así todo o vrau. Escomenza a poñerse ben, precisamente agora neste mes de setembre.”

O señorito fregóu as mans e todo contento dixo:

-“Mañan mesmo cásome con ela.”-

-“Non”-Repricoulle o amigo-“mañan mesmo non pode ser, ninn tampouco en todo o inverno, porque tes que agardar ó vrau, o mes do marzal pra que tolee”-

 

Share Button
class=""
-

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

-