: |

leader

Coida que es herba

1 comment
Coida que es herba

Onte os almacénsa Casagrande tiveron unha visita moi agradabre, chegou pra mercar un vestido unha señorita de moi  bo ollar, bonita de face, ben feira de corpo, moi disposta e ademais con certo aire de distinción. Era da aldea pro desde logo ben merescía ser da cidade.

Encomenzóu ollando as telas, e entra elas había unha de coor verde que lle gostaba moito, pro non a mercaba, porque cun vestido do mismo coor sucedéralle algo que non esquecería na sua vida.

Os que estabamos alí quedamos un tanto interesados en conocer o que lle pasara co vestido verde, picábanos a  curiosidade pro non atopábamos a meneira de conseguir que o contase.

Despóis de escoller o vestido o  dependiente díxolle:

-“Bo, antes de cortarlle o xénero tennos que contar o que lle pasóu co vestido verde.”-

Ela votouse a rir e dixo:

-“O ano pasado fun ó Campamento da Sección Femenina e alí fixen amistade cunha señora que nos traía o leite, e un día invitóume ó seu lar. Unha tarde das que tiven folga, fun visitala e encontreina no camiño cunha vaca que levaba a pacer. En canto me acerquéi a boa señora quería dar volta pro lar e convidarme a merendar. Eu disculpeime decindo que non tiña tempo e así seguimos falando, pro ouservéi que a vaca intentaba poñerse diante da ama e que sua ama trataba de que non pasase. A cada paso a vaca facía máis forza i eu din en collerlle medo i escomencéi a camiñar pra tras. Pra mi que aquela vaca cotaba. Xa, un pouco asustada dixenlle á señora: voume, e ela volveume a dir que tiña que merendar. Neste intre a vaca sáseque se votóu enriba de min; eu asusteime e escomencei a berrar, coume señora que a vaca cota, eu téñole medo.

A señora bouóuse a rir mentras decia: Non fillina non, a vaca é moi mansiña, o  que ten é que quere pacer e coma vas vestida de verde pensa que es herba”- 

Share Button
class=""
-
  1. dende logo o que non pase nos almacens Casagrande…por algo o relator era José Casagrande.

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

-