: |

leader

Un conto ben contado

1 comment
Un conto ben contado

Eu xa sei que vos non dubidades de que meus contos son todos verdadeiros, por o que vou contar hoxe, o é máis que ningún, xa que me pasóu a min, e como me pasóu a mín mesmo, no cabe dúbida que é verdade.

O conto é que eu, coma tódolos comerciantes, teño que vivir do conto, e hai que ver as veces o que hai que matinar, xa que hai xiareiros que aínda teñen máis conto que ún

Agora con esto da radio, teño que estar cavilando moitas veces o que vou a contar, e ninguén o sabe máis que eu o traballo que teño que facer pra sair do paso. A ventaza que teño é que non son alá moi dormilón que digamos, e a noite, xa  no leito, é cando penso o que lle vou contar os radioescoitas.

Fai uns días dixen que estábanse rematandoos contos, e eso é  verdade, pro coma aínda non acabéi os xéneros, e eso que case os estou regalando, teño que seguir inventando contos.

Esta noite, cando me deitéi,, acordeime que non tiña conto pra hoxe e estiven moito tempo pensa que te pensa e o fin veume a luz, collín papel e pruma e púxenme a escribilo.

A muller estórballe moito a luz pra dormir, e sin berrar, porque berrona non é, dóxome:

-“Home, non me gustan esos contos da radio, primeiro porque non me deixas dormir, e segundo porque teño medo que con tantos contos tolees. Non contes máis contos.”-

-” ¿e se non conto contos como vivimos?”- Preguntéille. Ela respondeume

-“¿E como vivo eu sin contalos?

Eu xa un pouco enrabechado, porque ca conversa fuxírame da cachola o conto, contesteille:

-“Ti non tes necesidde de contalos, porque tiveches a habilidade de contarme, moi ben contado, o que me contaches pra que eu casase contigo”-

 

Share Button
class=""
-
  1. o que fai o inxenio de Casagrande….no tiña nada que contar e conta ….pois iso….que non tiña nada que contar…. pero logrando que estemos pendentes hata o final

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

-