: |

leader

Unha rapaza con gracia

0 comments
Unha rapaza con gracia

Aínda que agora nestos meses hai menos casamentos que no inverno, crero que de vez en cando hai algún.

Fai uns dous ou tres días, xa non record ben, estivo na mina tenda unha parexa de mozos que se ían casar, e con ela viña un señor xa de edade, que debía sere o pai dela, e máis unha rapaza moi  xeitosiña e por añadidura con moito salero, que me pareceu irmán do mozo

Despóis de mercar os traxes falouse dos regalos, moitos e bos que agora facánselle ós que casaban. Os noivos e tamén a rapaza quedaron un tanto sorprendidos cando lle dixen que nos meus tempos as mozas regalaban un molete de pan de trigo e os mozos unha botella, xáseque sempre de anís escarchado. O que si se facía, tamén daquela, era votar moitos foguetes, por eso había aquel dito: “Hoxe foguetes, mañán cachetes”.

¡Bo!, os cachetes creo que aínda hai un que outro, ca diferencia, que antes se os había dabaos o home, e agora daos a muller.

O caso foi, que aquela rapaza comentóu que agora os regalos son millores, pro que tamén había algún que regalaban cada cousa … e añadeu:

-“O año pasado, o día do meu santo, un señor que viñera de América facía pouco tempo, chegóulle a casa cuns peixes de coor metidos nunha botella, que él os trouxera nunha pecera, pro que cando os colleu para levarllos se romperá, e por eso viñan na botella. Eu por non despreciarllos collín a botella con peixiños, e como me deran lástima, boteinos nunha palangana con auga. O outro día, pola mañán, fixome falta a palangana para lavarme e entón enchín de auga o baño e beteinos alí.”-

A mín, que me fixo moita gracia o conto ocurréuseme perguntarlle:

-“¿E agora como se arregla canda quere bañarse?”-

Ela case sin pensarlo contestoume:

_”Pois mire señor, arréglome moi ben. Cando quero bañarme vendolle os ollos ós peixe e xa está”-

Share Button
class=""
-

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

-