: |

leader

Non debes pedir tantas pesetas como pides

0 comments
Non debes pedir tantas pesetas como pides

Onte quedéi co meu neto en contarlle o conto do reoubo que de pequeno fixen ó meu pai, e como me guata cumprir o que prometo, eiquí estamos os dous, eu pra contalo, e íl pra escoitalo.

Eu non sei si sabedes, nacín en Guimarei; a casa onde nacín é a máis cercana da igrexa, soio hai un camiño polo medio. Meu abó, que na gloria estea, era un verdadeiro santo e facía de sacristán. Cuando íl non podía facía as suas veces meu pai, e cando non podían ningún facíame cargo eu. Axudaba a Misa, tocaba a campá as doce e tamén a noitiña, pra que a xente saudase á Virxen, e aínda que estivesen traballando nas veigas, paraba o traballo, e rezaba tres avemarías.

Como vedes iba a igrexa tres ou catro veces ó día, e non sei porqué, pro a noitiña sentía certo recelo. Alí no altar maior, San Xulián ca sua espada ó cinto paresce que decía que había que andar moi dereito; e na sua capela a Nosa Virxen dos Doores, cas suas bágoas correndo polas brancas meixelas, e cunha mirada lastimeira que facía quedar sin alento. Eu coidaba non dor daquela Nai, que os xudios lle cravaran o seu fillo na cruz, casi que non podía parar de ollar pra Ela. Cando voltaba pra casa, iba ollando pra tras, za que me daba a impresión de que me iba seguindo ca sua tristeira mirada. Eu, entón, facía o proposito de ser millor, propósito que sempre se quedaba neso, propósito.

Agora escomenza o conto:

Achegábase a festa da Virxen e eu fixeralle a ofrensa dun paratón e non  ó tiña. Uns días antes -meu pai tiña taberna- entrei nela e nun momento no que estaba despachando á xente , acerqueime ó caixón, púxenme de costas pra él e metendo a man por tas do corpo collín unha moeda e metina no bolsillo.

Din que o demo pra facelas cubre unha manta, e pra descubrilas toca unha gaita, e isto debe ser verdade, porque veredes qué pasóu:

Daquela había unha moeda da duas pesetas do tamaño dun patacón, mais ou menos, había patacóns e perras chicas, por valor de dez e cinco céntimos respectivamente. As cousas non costaban tanto como agora, aínda que valían máis.

Aquel dia había dabondo patacóns e no medio unha moeda de prata das de duas pesetas. Mau pai que a cambeara, metera no caixón e cando recolleu os cartos, ollou que non estaba alí

Polas doce da noite, entróu no seu dormitorios, que estaba cercán do meu, e un tanto enrabexado díxolle á miña nai

:

-“Hoxe pasóume unha cousa que non me esprico; estou certo de que cambiei duas pesetas e non sei cómo, pro desapereceron do caixón”-

Miña nai preguntóulle:

-“¿Quén estivo alí? ¿Foi á taberna algún dos rapaces?”-

-“Non desconfío de ninguén e a taberna foi Xosé pro saléu deseguida”_

Eu, que co medo aínda non dormía, ó escoitar a converssa collín o pantalón, metín a man no bolsillo, saquéi o que eu coidaba que era un patacón , e como as duas pesetas tiñan arredor uns dentiños, paseille a unlla e sentín que brincaba, convencéndome de que eran as mesmas. O medo que pillei non é pra contar e sobre todo cando lle oin decir a miña nai:

-“Vai ao carto e cachéalle os bolsillos”-

Collín a moeda e a merín na boca e mal como puiden fixen que durmía. Meu pai rexistróu os bolsillos e ó non atopar nada neles volveu pra sua habitación e dixolle a miña nai:

-“Xosé non foi”-

O outro día miña nai madrugou e meu pai foi tocar pra misa. Eu levanteime e fun a mesiña de noite, que era onde estaba a bolsa dos cartos, e votei dentro as duas pesetas. ¡Qué descansadiño quedéi!

A hora de xantar volveuse a falar das duas pesetas, e miña nai pra convencerse díxome:

_”Xosé vaite ó noso coarto e trai unha bolsa que hai na mesiña de noite”-

Eu vin o ceo aberto e fun correndo por ela. Miña nai valeirouna enriba da artesa, onde estabamos xantando, e deseguida apareceron, branquexando no medio dos patacóns e perras chicas, as dous pesertas.

-“Ves -dixo miña nai, dirixiendose a meu pai- xa eu che decía que de seguro viñas un pouco iluminado, e hai veces ca iluminación non deixa ollas”-

Meu pai ollóu pra duaas pesetas e soio dixo:

-“Isto é cousa do demo”-

Aquel dia non sei cántas veces dixen caladiño pra min “Xoseciño, por Deus, que xamáis che se ocurra volver a tocar o piano”

Bo, meu neto, xa conosces o conto, eu ben sei que ti non es pianista, pro desde logo, non debes pedir tantas pesetas como pides tódolos días.

Share Button
class=""
-

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

-