: |

leader

XENTE QUE VAI E VEN (contos)

Nos anos de 1.960 a 1.964, na Emisora Parroquial da Estrada, nun espacio as catro do serán, Xosé Docampo “Casagrande”, adicáballe ós radiosescoitas un conto cáeque tódolos días.


Hoxe, data do seu santo, os fillos, netos e bisnetos, despóis de facer una recolleita de algún destes contos, ofrécenlle-los impresos ó seu pai, abó e bisabó co agarima máis sinxelo, ó mesmo tempo que dende o másis fondo do seus cores arrincan lembranzas perennes da sua compañeira Dolores, nai, aboa e bisaboa

19 do Marzal do 1983

Sin-título-3

 LIMIAR

Xosé Docampo, o autor destas historias, foi cronista oficial da sua vila da Estrada, a cuia historia pasada adicóu muitas páxinas. Tamen corresponsal de prensa durante muitos anos, foi dando novas da prosperidade da xua vila, dos seus traballos e días, Non hai, pode decirse, estradense máis cabal; é cono una institución na Estrada, enon se pode falar desta vila sin falar de Casagrande, como todos o conocemos.
Pois Casagrande tivo tempo para contalles contos aos seus vecinos; uitos contos mui galegos, mui nos, coa sua retranca, coa sua astucia, que é a do galego mais propio.
Todos estos contos suponen non soio un saber da vida do pobo, senón que tamén sí amosan a actitude do galego diante das mil cousas da vida, xa desconfiado, xa pícaro, xa ingenuo, xa racional, xa sentimental. Contos que un gosta de escoitar, porque son mui variados rostros, ui diversas caras do mundo que vivimos. Están contados no galego de todos os días, e coa punta de fracia que é mester en todo contar, e coa sorpresa que todo conto perfecto encerra.

Un bon galano estes contos de “Casagrande”. Son do pobo, e volverán a él, ás bocas das xentes, como nacidos nelas, que é a millor cousa que lle pode acontecer a un conto. Pola vella amistade que me une a “Casagrande”, e para min una grande alegría o poder por unas liñas de saúdo de Xosé Docampo, para que nós nos divirtamos agora mesmo ao lelas, -cáseque era millor decir ao escoitalas.-

Álvaro Cunqueiro

Share Button

Non debes pedir tantas pesetas como pides

escrito by on 14,10,14 in BLOG, CABECERA, XENTE QUE VAI E VEN (CONTOS) | 0 comments

Non debes pedir tantas pesetas como pides

Onte quedéi co meu neto en contarlle o conto do reoubo que de pequeno fixen ó meu pai, e como me guata cumprir o que prometo, eiquí estamos os dous, eu pra contalo, e íl pra escoitalo. Eu non sei si sabedes, nacín en Guimarei; a casa onde nacín é a máis cercana da igrexa, soio hai un camiño polo medio. Meu abó, que na gloria estea, era un verdadeiro santo e facía de sacristán. Cuando íl non podía facía as suas veces meu pai, e cando non podían ningún facíame cargo eu. Axudaba a Misa, tocaba a...

read more

Unha rapaza con gracia

escrito by on 1,10,14 in BLOG, XENTE QUE VAI E VEN (CONTOS) | 0 comments

Unha rapaza con gracia

Aínda que agora nestos meses hai menos casamentos que no inverno, crero que de vez en cando hai algún. Fai uns dous ou tres días, xa non record ben, estivo na mina tenda unha parexa de mozos que se ían casar, e con ela viña un señor xa de edade, que debía sere o pai dela, e máis unha rapaza moi  xeitosiña e por añadidura con moito salero, que me pareceu irmán do mozo Despóis de mercar os traxes falouse dos regalos, moitos e bos que agora facánselle ós que casaban. Os noivos e tamén a rapaza...

read more

Un conto ben contado

escrito by on 9,09,14 in BLOG, XENTE QUE VAI E VEN (CONTOS) | 1 comment

Un conto ben contado

Eu xa sei que vos non dubidades de que meus contos son todos verdadeiros, por o que vou contar hoxe, o é máis que ningún, xa que me pasóu a min, e como me pasóu a mín mesmo, no cabe dúbida que é verdade. O conto é que eu, coma tódolos comerciantes, teño que vivir do conto, e hai que ver as veces o que hai que matinar, xa que hai xiareiros que aínda teñen máis conto que ún Agora con esto da radio, teño que estar cavilando moitas veces o que vou a contar, e ninguén o sabe máis que eu o traballo...

read more

Coida que es herba

escrito by on 5,09,14 in BLOG, XENTE QUE VAI E VEN (CONTOS) | 1 comment

Coida que es herba

Onte os almacénsa Casagrande tiveron unha visita moi agradabre, chegou pra mercar un vestido unha señorita de moi  bo ollar, bonita de face, ben feira de corpo, moi disposta e ademais con certo aire de distinción. Era da aldea pro desde logo ben merescía ser da cidade. Encomenzóu ollando as telas, e entra elas había unha de coor verde que lle gostaba moito, pro non a mercaba, porque cun vestido do mismo coor sucedéralle algo que non esquecería na sua vida. Os que estabamos alí quedamos un tanto...

read more

Tes que esperar o vrao

escrito by on 12,08,14 in BLOG, XENTE QUE VAI E VEN (CONTOS) | 0 comments

Tes que esperar o vrao

Cada noite que me deito tarde como por exemplo onte, que fun ó circo, e ó outro día teño que levantarme cedo pra facer oc conto, sempre lembro aquel tempo que os canteiros da Somoza marchaban a traballar pra Negreira ou pra outro lugar. Viñan as nais, as mulleres e os fillos aconpañándoos hastra o coche, pra lles axudar a traer as cousas, e cando os despedían lles decían: Deus che dea traballiño. A min tamén me pasa o mesmo, se me mandase facer oc contos, estou seguro que había de poñer o berro no...

read more

Non me din conta, quedeime parvo

escrito by on 8,08,14 in BLOG, XENTE QUE VAI E VEN (CONTOS) | 0 comments

Non me din conta, quedeime parvo

Onte, como todos sabedes, foi dia de feira na Vila, e alá pola tardiña chegaron á miña tenda uns xiareiros a mercar uns xéneros que ó remate non mos mercaron. O caso foi, que así falando, contáronme que por alí non seu lugar, andiveran estos días unhas xitanas, que polo visto aínda sabían facer millor o conto que nós  os comerciantes. Esto dixeron eles. Chegaron á taberna, xa se entende, as xitanas, e deron en pedir moitas cousas de xantar. Sumada a conta, importaba trescentas pesetas, e unha...

read more

Engañacheme unha vez e non quero que me engañes outra

escrito by on 26,07,14 in BLOG, XENTE QUE VAI E VEN (CONTOS) | 0 comments

Engañacheme unha vez e non quero que me engañes outra

Conoscín un home que sabía manexar moi ben o sabre. O saber manexar o sabre, quer decir neste conto, ter moita habilidade pra dar sabrazos, e ó home do noso conto, francamente, non lle faltaba.   Uns chamábanlle sabrista, outros plantapinos, outros pufento, en fin todos estos adxetivos que, como comprederedes, o calificaban de moi boa persona. ¡Bo!, o caso é  que este afamado sabrista presentóuselle un día na casa a un señor de eiquí do pobo, e contóulle un conto decíndolle que se atopaba nun...

read more

¡AI, QUE ME ESQUECIN!

escrito by on 22,07,14 in BLOG, XENTE QUE VAI E VEN (CONTOS) | 1 comment

¡AI, QUE ME ESQUECIN!

Están pretiñas as festas de San Paio; este ano, asegún se di por ahí, vai haber moito que ollar. celebraremos que así sexa pra ben de tódolos estradenses da comarca e pra orgullo da Vila. Eu coido que a comisión nomenada non se lle vai a escapar ningún detalle, sonche todos persoas de moito maxín e ademáis saben faguer ben as cousa. Pro, por un se acaso, coulle contar unha anécdota que pasóu un ano no que, de seguro porque non atoparon outro, fun eu o presidente da comisión Daquela vivía na Vila,...

read more

PREGUNTA O SEÑOR VETERINARIO QUE E O QUE TES

escrito by on 21,07,14 in BLOG, XENTE QUE VAI E VEN (CONTOS) | 0 comments

PREGUNTA O SEÑOR VETERINARIO QUE E O QUE TES

O conto que vou contar hoxe é histórico, édin que pasou eiquí na misma vila da Estrada. Foi naqueles tempos nos que o que quería viaxar tiña que facelo no coche de cabalos ou a pé, xa que o automovel soio o poidían ter os que tiñan moitos cartos. Na realidade o viaxe facíase máis seguro que agora. Eiquí na nosa Vila, había tamén quen tiña coches de cabalos para facer algunas linias a vilas veciñas, e dunha maneira especia a o San Yago. Estos coche de cabalos eran levados por unha persoa que...

read more

O QUE TODO O QUERE, TODO O PERDE

escrito by on 20,07,14 in BLOG, XENTE QUE VAI E VEN (CONTOS) | 0 comments

O QUE TODO O QUERE, TODO O PERDE

Era aquel tempo, no que as romarías facianse poli día no que as familias xantaban no cmpo extendendo no mesmo uns manteliños brancos. Estos xantares eran amenizados por uns cegos que, xeralmente eran acompañados por un neno ou unha muller, recorrendo tódolos grupos pra cantarlle copras. O remate tocaba unha muñeira e despóis pasaban a pandereta que facía de bandexa. Nunha das parroquias do noso axuntamento, había un cego que tiña unha muller ben parescida e ademáis mui churrusqueira e inxeniosa pras...

read more